Louredo, Maside
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Louredo | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Louredo. | |
Concello | Maside[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°26′22″N 7°59′02″O / 42.4393197, -7.98396059 |
Poboación | 139 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal. No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.
Fonte
[editar | editar a fonte]Conta cunha fonte que data de 1952, que segue producindo auga procedente dun manancial, onde os veciños acostuman a coller auga. Nos meses de verán apenas produce auga.
Poboación
[editar | editar a fonte]1999 | 223 |
2000 | 224 |
2001 | 218 |
2002 | 215 |
2003 | 215 |
2004 | 214 |
2005 | 207 |
2006 | 203 |
2007 | 200 |
2008 | 213 |
2009 | 206 |
2010 | 200 |
2011 | 190 |
2012 | 186 |
2013 | 174 |
2014 | 167 |
2015 | 164 |
2016 | 157 |
2017 | 146 |
2018 | 146 |
2018 | 137 |
2020 | 134 |
2021 | 135 |
2022 | 139 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Santa María de Louredo.
-
Igrexa de Santa María de Louredo.
-
Ábsida da igrexa de Santa María de Louredo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Louredo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Louredo no concello de Maside (Ourense) | |
---|---|
A Carreira | Espiñeiros | Louredo | Manzós | Martín de Louredo | O Outeiro | Ribadal | Sante |